A traxedia da aldea de Paramos, en Tui, pola explosión dun almacén ilegal de materiais pirotécnicos, con dúas vítimas mortais, cumpre hoxe cinco anos. Os veciños conviven ainda coa pegada do estourido e lembran cómo ocorreu. // Stellantis Vigo contratará setecentas persoas para recuperar unha quenda de fin de semana a partir do 16 de setembro. A factoría retomará, case dous anos despois, a cuarta quenda, que é o que ensambla as furgonetas do grupo. // Nas rúas da Coruña, alguén retrata con mosaicos a figura mitolóxica do Xerión. Despois de que o Concello borrase algunha destas accións, o Pleno acordou protexelas. 23-05-23