Hoxe é o día grande do entroido de Laza. Celebran o luns borralleiro. Unha tradición peculiar, onde os protagonistas son os farrapos e a lama. A Xunta declara a celebración do Entroido Ben de Interese Cultural | Segundo día de loito oficial en Lugo polo repentino falecemento da alcaldesa da cidade, a socialista Paula Alvarellos que perdía a vida a consecuencia dun infarto o pasado sábado | Pasa a disposición xudicial un home detido nun luxoso hotel do centro de Vigo. O hóspede negábase a abandonar o seu cuarto e lanzou unha bolsa de cocaína sobre os axentes que o ían arrestar, ao estilo dunha escena da película 'Airbag'. Os policías tiveron que ser trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro por intoxicación e xa recibiron a alta |