Comercios cheos para escoller os últimos agasallos. Os Reis e os seus axudantes apuran esta fin de semana, antes da gran noite da ilusión para pequenos e maiores | Algúns concellos cambian os seus plans para as cabalgatas previstas para este domingo. En Vigo optouse por facela a cuberto | Galicia pecha o 2024 con case 10.700 persoas paradas menos e 17.300 máis afiliadas á seguridade social. É a cuarta comunidade con menos persoas sen traballo | En Sanxenxo, bota a andar unha oficina de atención aos migrantes. Trátase dunha colaboración coa ONG Accem, a que axuda aos refuxiados de Mali en Galicia. O obxectivo é prestar unha atención directa a todos os solicitantes de asilo da zona