Cadrando co remate do ano chegan as temperaturas invernais. Un enfriamento que trouxo tamén as primeiras xeadas, enfriamento que vai seguir nos próximos días. A provincia de Ourense foi a que rexistrou as mínimas máis baixas. O récord foi para Calvos de Randín, con 9 graos baixo cero. E en Baltar, 7 baixo cero // Unións Agrarias acusa á industria de querer que os gandeiros asinen contratos de subministro con prezos moi baixos, que non chegan, din, para cubrir os custes de produción // Máis de 20 investigadores galegos que traballan no estranxeiro, comparten na Coruña as últimas novidades e conclusións dos  traballos que realizan en centros punteiros de Europa e Estados Unidos.Traballos, entre outros, sobre cancro de pel e bioloxía molecular. 29/12/14