Esperada comparecencia do presidente da Xunta na comisión de investigacion sobre os contratos suscritos polo goberno autonómico durante a pandemia e o sobrecuste do Hospital Álvaro Cunqueiro. Rueda negou calquer tipo de irregularidade fronte ás acusacións que os grupos da oposición centraron na xestión do goberno de Núñez Feijóo | O alumeado de nadal vaise apoderando estes días da paisaxe urbana. Hoxe chega hoxe a cidades como Santiago, mentres Pontevedra e Lugo esperan ata o próximo día 5. Vigo, en cambio, leva xa quince días presumindo da mellor iluminación do planeta. O contraste atopámolo en concellos como Allaríz, que aposta por ser exemplo de decoración con materiais sostibles e de baixo presuposto | Un ano máis, a empresa de Muros 'Fresco y del Mar', lider na comercialización por internet de productos pesqueiros frescos a toda España, desmárcase do Black Friday. Pecha a súa tenda este venres en defensa dun consumo responsable e da pesca artesanal. E, lonxe de vender menos, esta