Nos xulgados de Verín comparecía esta mañá o home acusado de matar a súa muller no hospital de Ourense // En Madrid están xa os dous presuntos terroristas yihadistas detidos onte en Arteixo e Vimianzo. Nesta vila vivía dende hai tres anos o alxeriano Abdelkader Redjimi,perfectamente integrado // O Presidente do Uruguai inicia unha visita de dous días a Galicia // A finais deste ano rematarán os labores de recuperación dos montes queimados nos incendios do verán // Entre os 75 mortos do accidente dun avión brasileiro en Medellin está o ex-xogador do Pontevedra Filipe Machado // O Deportivo xoga esta noite en Sevilla os dezaseisavos de final da Copa do Rei e faino fronte ao Betis. 29/11/16