Pleno de investidura do Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Núñez Feijóo acaba de iniciar a súa intervención para responder aos grupos parlamentarios. Os portavoces da oposición pedíronlle un cambio de rumbo nas súas políticas. // Finalmente serán uns 2.500 traballadores os que terá que despedir Novacaixagalicia para cumprir o plan de reestruturación aprobado pola Unión Europea. Tamén deberá pechar 200 oficinas. // Os gandeiros dan por suspendida a folga e volven, na súa maioría, entregarlle o leite ás industrias, tras o principio de acordo acadado onte á noite. // Menús de primeira, con produto conxelado como base, para alegrar e poñer sabor ás mesas de Nadal... É a proposta dos alumnos e profesores da Escola de Hostalería de Pontevedra. // Volve a Copa. O Celta deberá esta noite superar en Balaídos un dous a cero adverso. O Deportivo teno algo máis fácil en Baleares. 29/11/12