A crise do PSOE está a provocar reaccións tamén no PSdeG-PSOE. A xestora que dirixe o partido en Galicia é unha das direccións rexionais que apoian a Sánchez, pero críticos coma Abel Caballero pídenlle a Pedro Sánchez que permita a renovación // O Consello analizou o destino de 7 millóns de euros para reparar os danos causados polos incendios do verán; 6 millóns para rexenerar os montes e 1 millón para pagar perdas a particulares // Varias industrias lácteas anuncian que van pagar mais polo leite en orixe, a partir do vindeiro mes de outubro. Entre elas está Leite Río, que pagará 2 céntimos máis por litro. 29/09/16