Apenas tres meses despois das eleccións municipais, a localidade ourensá do Irixo, xa ten nova alcaldesa. A independente Susana Iglesias asume a alcaldía trala primeira moción de censura do mandato en Galicia | O pequeno comercio resiste e segue medrando. Segundo o Instituto Nacional de Estatística as súas vendas aumentaron en Galicia algo máis dun catro por cento no último ano e tamén aumentou o número de empregos no sector | A Fundación Amigos de Galicia está poñendo en contacto persoas desempregadas coas adegas, para que poidan traballar na vendima | O próximo curso vai haber uns 2.000 estudantes menos nas aulas galegas. Sindicatos e asociacións de nais e pais solicitan que se aproveite este descenso para baixar as ratios. 29-08-23