Os equipos de extinción loitan contra o lume iniciado de madrugada en Meaño, que provoca unha columna de fume que se extende pola Ría de Pontevedra. E en Salvaterra. Medio Rural da por estabilizado un incendio no que as lapas ameazaron núcleos de poboación | A declaración da Coruña como zona tensionada publícase hoxe no BOE. A cidade queda así incluida polo Ministerio de Vivenda na listaxe das que terán permitido limitar o prezo do aluguer e conceder bonificacións aos propietarios que rebaixen as rendas aos inquilinos | Descontento no sector agrario galego e na Xunta ante o novo borrador das PAC para o vindeiro 2028. Contempla a redución do orzamento nun 25% e un reparto a nivel estatal, en lugar de por comunidades. As gobernadas polo PP esixen a Pedro Sánchez que se opoña en Bruxelas | Recuperar a área arqueolóxica do Pico Sacro. É o obxetivo dun grupo de voluntarios de distintos países que participan nun campo internacional para preservar un espazo, cargado de lendas, e que agocha re