Soben de novo os positivos de COVID-19, e son xa 28 os relacionados co rebrote da Mariña. Rastrexadores do Sergas seguen a pista dos contaxios, que na a maioría dos casos son asintomáticos. En total, Galicia rexistra 315 casos activos, CINCO máis que onte // Os camiños de Santiago volven estar abertos ás peregrinacións, unha vez levantadas as restriccións á mobilidade. Esta semana abren parte dos albergues públicos, coa cabida limitada ata o 50%, restrínxese o uso dos espazos comúns e un sistema de reserva de prazas // As "guerreiras laranxas" volven facer historia. As xogadoras do Burela Fútbol Sala proclámanse en Málaga campioas da liga feminina, tras unha sofrida vitoria fronte ao Alcorcón. É o terceiro título da máxima categoría nacional para o equipo, que foi pioneiro en contar cun convenio no deporte feminino. 29/06/20