Reunión de urxencia da Xunta cos reitores das tres universidades galegas despois de que a da Coruña anunciase a súa intención de ter unha facultade de medicina. Ricardo Cao alega que non se están a cumprir os acordos de formación nos hospitais fóra de Santiago e apunta ao recente acordo da universidade privada de Galicia para formar sanitarios | Galicia debería ampliar en 625 as prazas de acollida de menores inmigrantes que chegan sós. Así o establece a proposta do Goberno do Estado, que fixa para todas as comunidades unha capacidade de 32 prazas por cada 100.000 habitantes | Mellorar a eficacia na xestión dos Bancos de Alimentos é un dos obxectivos do congreso que se celebra hoxe en Ourense, onde están reunidos os responsables dos 54 bancos de Alimentos de España | A Coruña convértese na primeira localidade galega declarada zona residencial “tensionada”. Deste xeito poderá empregar as ferramentas legais para tentar baixar os prezos dos alugueiros | Nova mobilización de pensionistas e