Comprobación do funcionamento dos sistemas de seguridade no aeroporto de Peinador, en Vigo, mentres, rematan as obras de remodelación da pista, para cumprir a previsión de reabrir o próximo venres e pór fin a un peche das instalacións que dende o pasado día seis de maio levou a desviar 700 voos e afectou a uns 80.000 pasaxeiros | O presidente acusou aos nacionalistas de xogar coa desinformación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, mentres, a dirixente do BNG dixo que a macrofábrica proxectada é una bomba ambiental. O socialista Gómez Besteiro ofrece colaboración a Rueda para defender a Galicia en Bruxelas | Menos de 24 horas para que O Son do Camiño abra a suas portas e os festivaleiros poidan desfrutar de artistas dos estilos máis variados, dende o Punk rock dos veteranos Green Day ao regueton máis actual de J Balvin ou Myke Towers. Desde esta mañá, centos de asistentes xa están instalados no camping do Monte do Gozo | 'Outras historias posibles'. É a exposición aberta no Museo