O PSDEG elixirán candidato á presidencia da Xunta nunhas primarias a finais de maio. Destacados militantes do partido da área de Vigo plantexaran aprazar as primarias a despois do verán // As familias con nenos menores de 3 anos sen praza nunha escola infantil pública poden solicitar a partir de mañá o chamado bono concilia, de entre 45 e 250 euros para pagar praza nun centro privado // Declara no xulgado o gandeiro de Chatnada investigado por un delito de maltrato animal que supostamente deixou morrer de fame corenta vacas da súa granxa // O Celta busca asegurar o quinto posto na táboa no campo do Atlétic de Bilbao, rival directo para postos europeos. O Deportivo recibe ao Xetafe en Riazor coa idea de certificar a permanencia matemática // O Obradoiro refórzase co grego Kostas Vasileiadis, que xa xogara no equipo hai 7 temporadas. Comezará a adestrar o luns co obxectivo de que o seu caracter gañador, que foi idolo da afeccion, sexa un revulsivo para asegurar a permanencia. 29/04/16