Vecinos de Padrón preparan barreiras ante o risco de que o Sar entre nas súas casas, ante as intensas chuvias caídas nas últimas horas. A borrasca Ivo déixa tamén máis de 200 incidencias, clases suspendidas na comarca da Mariña de LUgo e voos cancelados entre Vigo e Madrid | O que trae tamén a nova borrasca é máis neve. Na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda, cunha capa de ata 10 centímetros de espesor, traballan xa para reabrir as instalacións a partir do venres. A previsión é que as condicións para empregar as pistas de esquí se manteñan ata mediados da próxima semana | Taxistas galegos súmanse con marchas lentas polos centros das cidades á protesta contra o prezo dos seguros. Acusan ás compañías de prácticas abusivas con pólizas ou renovacións de máis de 7.000 euros ao ano. Reclaman ao goberno que poña límites a esas subas que, din, poñen en perigo a continuidade do sector | Máis de 95 toneladas de lixo mariño retiradas das praias e do fondo do mar. É un dos resultados do pr
