Plante dos deputados da oposición no Parlamento galego, en protesta pola decisión da presidenta, Pilar Rojo, de controlar persoalmente o acceso de invitados á cámara para evitar protestas durante as sesións. // Delegados sindicais de Navantia e a industria auxiliar protestan tras coñecer que a dirección da empresa rexeita construír o dique flotante para dotar de carga de traballo ao estaleiro público. // O presidente de Novagalicia Banco José María Castellano amósase favorable a acelerar a vía da arbitraxe para solucionar os casos de afectados por participacións preferentes que poidan acollerse a esa vía. // Catro nenas de 16 anos foron detidas pola Garda Civil por acosar e colgar fotos íntimas dunha compañeira de instituto nunha rede social. Ocorreu en Lalín. // As chuvias persistentes deste inverno están a provocar unha masiva mortandade de bivalbo nalgúns bancos marisqueiros das rías de Arousa e Vigo. 29/01/13