Galicia atrasa ao mércores a vacinación contra a covid nas residencias de maiores, tras a incidencia loxística que vai demorar un día a chegada das vacinas // Nieves Cabo, de 82 anos, foi a primeira en recibir a vacina en Galicia // Segue en aumento o número de novos contaxios, 57 máis ca onte. E tamén sobe a presión asistencial nos hospitais // Os efectos da pandemia na política galega foron analizados hoxe polos grupos parlamentarios // O sector pesqueiro bota contas do golpe que lle vai supoñer o acordo do Brexit // Reunión de urxencia, esta tarde, da mesa sobre o futuro da planta de Alcoa en Lugo // Galicia mantense hoxe baixo os efectos da borrasca Bella. 28-12-2020