Os fortes ventos da noite pasada déronlle paso a unha xornada de chuvia e baixada de temperaturas, no inicio dunha semana na que se anuncia unha sucesiòn de borrascas. No mar e nas zonas costeiras mantense unha alerta laranxa que se prolongará ata bén entrada a tarde. A Garda Civil e a Policia Judiciaria portuguesa manteñen aberta unha operación no transcurso da que xa foron detidos oito presuntos narcotraficantes e requisados 25 quilos de heroína e cocaína, en varios domicilios dos acusados. A Xunta triplicará no 2016 as indemnizacións polos danos producidos polo ataque de lobos. A orde que entra en vigor mañá cifra a axuda en 26 euros por gando ovino e ata os 1.600 por xovencas . (28/12/15)