O Rei Filipe participa na Coruña na clausura do Congreso de Confederación Española de Directivos e Executivos. Un evento coa presenza da presidenta do Banco Europeo de Inversións, Nadia Calviño, e os responsables das principais empresas do país, que debaten o impacto da Intelixencia Artifical nos seus negocios | Sen apenas incidencias e cun menor seguemento, transcorre en Galicia a segunda xornada de folga convocada no sector do transporte de Viaxeiros para reclamar a xubilación anticipada dos condutores. Os servizos mínimos decretados pola Xunta garanten a metade das viaxes. A mobilización queda só co apoio das Centrais CCOO e CGT tralo desmarque da UGT | Aprobada no consello de Ministros a rebaixa das peaxes da AP-9. Os vehículos pesados verán incrementada a rebaixa ao 50 por cento dende a primeira viaxe. Nos vehículos lixeiros, elévaxe ao 50 por cento o desconto extra ao realizar un mínimo de 20 viaxes ao mes e pagar con telepeaxe | Un mesmo vehículo eléctrico para uso compartido de