Axilízanse os traballos para retirar as máis de cen toneladas de combustible do Blue Star, encallado na costa de Ares desde hai seis días // A Xunta vai dedicar cinco millóns de euros á instalación de torretas para ampliar a cobertura dos teléfonos móbiles en zonas rurais // Vieiras de calidade, pero de tamaño algo inferior ao habitual. Así arrancou a campaña deste marisco, un dos máis demandados de cara ao Nadal // A ministra de Defensa mostra en Ferrol a súa preocupación polo risco inminente de atendados terroristas contra españois no Sáhara Occidental, do que avisan os servizos de intelixencia // A Delegación do Goberno entrega os Premios Meninas a cinco institucións que loitan contra a violencia machista // Mañá celébrase o Black Friday, ou venres negro, pero moitas tendas xa están adiantando os descontos 28/11/19