Recoñecemento real para un colexio galego. O Centro Clara Torres de Tui recibe o premio Princesa de Girona a mellor Escola do Ano. Felipe e Letizia departiron cos alumnos, que lles deron amplas mostas dos seus coñecementos e materias como a nutrición sostible. // Os socialistas galegos decidirán esta fin de semana quen vai ser o seu secretario xeral. Na recta final para as primarias, os dous candidatos, Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso confrontaron os seus programas nun debate cara a cara.  // Un novo centro de alta tecnoloxía dirixido ao sector pesqueiro acaba de abrir en Marín, da man da empresa Satlnik. Ofrece servizos de comunicación por satélite para a frota, e pretende, ademais ser un referente para formar profesionais altamente cualificados. // Celébrase na Coruña "Intersección", un festival de arte audiovisual contemporánea que trae á cidade as últimas tendencias cun formato pouco convencional, que converta a Fundación Luís Seoane en lugar de encontro entre artist