Un coruñés de Vimianzo, de 38 anos, é o primeiro galego que leva un corazón artificial. Implantáronllo no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e consiste nunha bomba que envía o sangue dende o corazón danado á arteria aorta, realizando a función do ventrículo danado do paciente. E o sexto caso en España no que se realiza unha operación deste tipo // 300 mil aves morren atrapadas nos anzois das redes de palangre de todo o mundo das flotas que andan ao peixe espada, atún ou fletán negro. O sector pesqueiro español está adoptando medidas que poden reducir ata un 90% esta pesca non desexada // Cada vez visitan Galicia máis turistas estranxeiros. 800 mil ata setembro, que gastaron aquí case 700 millóns de euros. É un 20% máis que no mesmo período de 2013. Entre os novos reclamos que poderán coñecer os turistas están as minas abandonadas. 28/10/14