Portugal e Galicia, unidas por Alta Velocidade a partir de 2030. O goberno portugués presenta o proxecto da liña que irá de Lisboa ata Coruña, e que reducirá a unha hora a viaxe de Vigo a Porto. // A conselleira do Mar dixo que a Xunta recorrerá ese veto, se non o fai o goberno Central. Cualificou de Cafrada a normativa aprobada pola Unión Europea, que pode supoñer unha perda de 800 millóns de euros para a nosa comunidade. // Unha investigación da Universidade de Santiago indica que mediante a Balneoterapia os pacientes con depresión obteñen en dúas semanas unha mellora na calidade do sono e a sensación anímica. // Sangue artificial, extraterrestres e moito humor negro. É o Galicia Freaky Film Festival, que volve hoxe a Vigo coas produccións máis peculiares de fantasía e ciencia ficción e o terror. Entre as programadas nesta edición, as primeiras películas de Peter Jackson. 28-09-22