Máxima expectación ante o comezo do xuízo polo crime da pequena Asunta Basterra. Os seus pais enfróntanse a unha pena de 18 a 20 de prisión polo asasinato da súa filla // Das eleccións catalás, o PP di que non é un dia para estar contentos, para o Psdeg, Artur Mas e Mariano Rajoy son os grandes perdedores, para o BNG os resultados son unha vitoria clara das forzas soberanistas e Podemos di que tivo uns resultados negativos // Comeza na Coruña o xuízo contra 8 acusados do secuestro dun camerunés en Pontedeume que logo aparecera no maleteiro dun coche en Baralla, Lugo // Entre o 2 e o 5% dos nenos sofren déficit de atención e hiperactividade. Para atendelos mellor, a Xunta formará a 200 mestres // Segunda vitoria consecutiva do Deportivo, tras o 2-0 ao Español. O Celta logrou un punto en Éibar // O Rally da Ulloa deste venres e sábado terá reforzada a seguridade mesmo con avisos sonoros nas curvas para advertir do paso dos coches. 28/09/15