A dúas semanas do comezo do curso escolar, as familias xa botan contas do que vai supoñer para os seus petos. En Galicia serán 224 euros de media por fillo | O curso político arranca marcado polas negociacións previas á investidura para presidir o Goberno. Desde Soutomaior, Feijóo asegurou que non aceptará chantaxes e recoñeceu que non será doado ser investido na primeira votación | Restablecido por completo o tráfico na A52, despois de que onte tivera que interromperse polo incendio dun camión que transportaba chocolate | Cita co mellor surf en Valdoviño. Volve o Pantín Classic. Hoxe comezaron as probas clasificatorias para o circuíto mundial. 28-08-23