Última fin de semana de xullo, hoxe milleiros de persoas marchan de vacacións, coincidindo cos que regresan. Son os días de maior intensidade de tráfico nas estradas | A inflación sobe neste mes de xullo ata o 2,3 %. Son catro décimas máis que en xuño e débese en parte ao aumento de prezos na gasolina e nos paquetes turísticos | Manuel Baltar e José Manuel Rey Varela propostos polo PP, e Carme da Silva polo BNG, designados senadores polo Parlamento galego | A chuvia impediu hoxe que o rei emérito saíra a navegar en Sanxenxo. Permaneceu toda a mañá na casa do seu anfitrión Pedro Campos | 130 militares con 40 vehículos e un dron volverán patrullar os montes galegos para previr e persuadir contra os incendios forestais. 28-07-2023