A escaseza de choivas levou á Xunta a pedir que se modere o consumo de auga e a decretar o estado de prealerta.Os lumes xurdidos nas ultimas horas  están todos controlados ou estabilizados. O  da Mezquita ( Ourense) queimou 20 hectáreas, as mesmas que o de Entrimo, tamén en Ourense.O presidente da Xunta recibe ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, unha cita marcada polas diferenzas entre ambos ao rexeitar Noriega asistir á ofrenda ao Apóstolo na catedral compostelá.O transporte metropolitano da cidade de Ourense e dos concellos lindeiros podería estar en servizo dentro de un ano. Ese é o obxectivo da Xunta, segundo anunciou  hoxe a conselleira de Infraestructuras, que se reuniu cos alcaldes dos 8 concellos implicados. (28/07/15)