Milleiros de traballadores, de novo, nas rúas de Vigo na cuarta xornada de folga do metal. A patronal esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse a negociar. // Avogados e procuradores denuncian a situación de atasco na administración xudicial cun un informe no que cifran en 400.000 os casos pendentes en Galicia. // O concurso de patrullas da Brilat, considerada unha das probas militares máis duras de España, percorre hoxe os 120 quilómetros entre Tui e Santiago, con máis de 200 militares poñendo a proba distintas habilidades. // Comeza en Viveiro unha nova edición do Resurrection Fest, con Parkway Drive, Ghost e Pantera como principais atractivos. Este ano mesmo se van poder celebrar casamentos no interior do recinto. 28-06-2023