O BNG anuncia que vai revisar os pactos de goberno cos socialistas nas deputacións da Coruña e Ponteveda, logo de que hoxe se escenificase, na de Lugo, a ruptura do acordo entre nacionalistas e PSdG, ao estar en contra do pacto entre o PSOE e o PP para aprobaciòn dos orzamentos. O alcalde da coruña Xulio Ferreiro cre necesario que En Marea nomee candidato á Presidencia da Xunta canto antes . O rexedor compostelán, di , en cambio ,que é mellor agardar , porque, segundo martiño noriega, suporía expoñelo demasiado publicamente O grupo PSA investirá en Galicia 140 millóns de euros en proxectos de innovación que optan a fondos da xunta destinados á fábrica 4.0. Un anuncio realizado no Centro Tecnolóxico do Automobil no Porriño onde traballan en proxectos de conducción autónoma de vehículos. (28/06/16)