Aumentan as agresións verbais e mesmo físicas ao persoal sanitario. Así o denuncian os profesionais nunha concentración en Vigo. Dín que os servizos de urxencia son os máis afectados por comportamentos violentos por parte dos usuarios | A Consellería de Sanidade advirte dunha previsible escaseza de médicos para este verán ao non poder incorporar ata setembro a nova promoción dos que rematan o MIR. O conselleiro anuncia un plan que aposta por suplir aos facultativos de vacacións con residentes e mediante unha bolsa de profesionais itinerantes | Un presuposto de oito millóns de euros e catro mil traballadores implicados, O Son do Camiño, que empeza o xoves, figura entre os eventos musicais de maior repercusión económica de España. Os organizadores calculan que cada participante gastará una media de 400 euros | Un dron de última xeración, deseñado para acudir ao rescate de bañistas en apuros. É o que se exhibíu hoxe en Sanxenxo, cun salvavidas incorporado e dotado de megafonía, pode servi