Os nenos, protagonistas do desfile escolar do Entroido en Xinzo de Limia. Un percorrido lúdico polas rúas, xunto con pais e profesores que serve de anticipo do que terá lugar o día grande o próximo martes. Unha das celebracións do Entroido que a Xunta recoñece Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial | A sede electrónica da Xunta, acumula xa as solicitudes para recibir o Bono Alugueiro, unha vez que hoxe quedou aberto o prazo. Axudas de 250 euros ao mes para menores de 36 anos que buscan emanciparse. Os solicitantes recibirán resposta en xuño | No día mundial das Enfermidades raras, coñecimos o único caso que hai en España de proxeria, unha doenza que provoca o avellentamento precoz dos nenos, que non ten cura na actualidade. O CIMUS, de Santiago, é centro de referencia na súa investigación | En temporada de cocido, as carnizarías rexistran unha repunta de afluencia. Son semanas clave para á venta do seu ingrediente estrela, o porco. Anque os comerciantes aseguran que hai pou