Dia grande do entroido. Festivo en moitas vilas e en cidades coma Ourense ou A Coruña, a xornada transcorre entre celebracións de orixe ancestral. As consellerías de medio ambiente e política social asinan un convenio para organizar actividades de conservación, protección e fomento do patrimonio natural. Pepe Mel é xa o novo adestrador do Deportivo. Foi presentado en Riazor, despois de asinar ata ao remate de temporada, con opción de renovar. (28/02/17)