2024 foi un bo ano para o emprego. Só en Galicia crearonse 17.400 postos de traballo. A cifra total de ocupados supera o millón 153 mil. En canto o paro, caeu case nun 5 %. Unhas cifras que non viamos nun cuarto trimestre desde antes da crise de 2008 | Abanca dispara os seus beneficios ata os 1.200 millóns de euros en 2024, case un 70 por cento máis que o ano anterior. É o mellor resultado da historia da entidade, que cumpre dez anos da súa posta en marcha, trala desaparición das caixas de aforro galegas | Descuberta pola Garda Civil unha trama de explotación laboral de inmigrantes ilegais, recrutados en África. Os axentes identificaron unha explotación de arandos en Begonte, na provincia de Lugo, con 82 traballadores en condicións de extrema precariedade | Unha capa de ata 20 centímetros de branco da conta da forza con que chega a segunda nevarada do ano en Pedrafita. Algunhas complicacións nas estradas nas comarcas de montaña de Lugo e Ourense, onde quedou suspendida a circulación d