Segue o temporal. Na costa está decretada a Alerta vermella por ondas que xa superaron os 9 metros. O aviso de máximo risco afecta aos litorais da Coruña e Lugo e exténdese por todo o Cantábrico. É a cuarta vez en pouco máis dun mes que se rexistra unha situación deste tipo. A dirección socialista galega vai por en marcha un expediente disciplinario contra os cinco concelleiros ourensáns enfrontados ao alcalde. Anunciouno o Secretario Xeral, Gómez Besteiro, logo de que os cinco edís non asistiran, de novo, esta mañá, á xuntanza do grupo municipal. A cifra de denuncias por violencia de xenero rexistra descensos en galicia desde o ano 2009. Unha das razóns dese descenso e da retirada das acusacions é a crise, que non lles permite ás vitimas seren independentes económicamente e manter aos fillos sen unha pensión, e tamén o medo á reacción do maltratador. (28/01/14)