Os casos de gripe aumentan. As celebracións festivas destes días poñen en alerta á comunidade sanitaria, que insiste na utilización da máscara en caso de presentar síntomas | O Goberno prorrogará en 2024 a maior parte das medidas anticrise que estaban vixentes, malia que subirá o IVE da luz, do 5 ao 10 por cento. Continuarán as bonificacións do transporte e a gratuidade dos trens para os usuarios frecuentes | Ver se os xoguetes cumpren as normas de seguridade. Niso traballan os profesionais do laboratorio do Instituto Galego de Consumo | Cibercarracho. Esta é a palabra do ano 2023 na votación que convocan a Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Trátase dun neoloxismo coloquial que tira do humor para referirse para referirse aos ciberdelincuentes 27-12-23