Dous encarapuchados armados con coitelos reduciron ao encargado dunha gasolineira en Buño, Malpica, e fuxiron, nun coche roubado, cun botín de 1.500 euros. Ninguén resultou ferido. // A Fiscalía Superior de Galicia pide plans contra a corrupción nas administración. // A abstención do Partido Popular impide que se lle retire a Franco o título de presidente de honra da Deputación de Lugo. // CLESA: Peche na factoría agardando a decisión sobre a oferta de Feiraco. // No castro de Castañoso, na Fonsagrada, consérvase unha das poucas saunas castrexas de Galicia. (27/12/11)