Seis concellos saen das máximas restriccións pola Covid mentres que entran outros seis. De momento Sanidade non alixeira as restriccións en nas grandes cidades, pero adianta que estuda facelo próximamente en Santiago e Ourense, eso sí, cun protocolo especial de medidas para frear os contaxios // A Xunta propón que nas normas para restrinxir as xuntanzas de nadal se conten os núcleos familiares e non persoas illadas, e que os nenos computen de xeito especial // Ainda que seguen sendo minoría, cada vez máis negocios rexeitan suarse ao black friday. Son os que fomentan un consumo responsable e consideran que non é tan rendible como pudera parecer // O BNG lanza unha campaña para defender os productos galegos e que se fagan as compras de Nadal en tendas de proximidade, en vez de optar por internet. 27/11/20