Recupéranse en centros hospitalarios de Vigo as dúas persoas feridas no accidente da avioneta que acabou esnafrada contra unha zona arborada, a poucos metros da Autoestrada AP-9, na localidade pontevedresa de Barro // Satisfacción na Coruña, logo da detención dunha banda de ladróns que asaltara máis dun cento de vivendas.  Case todos son xeorxianos pero tamén hai entre eles un acusado, de nacionalidade española // Por primeira vez, dende hai sete anos, aumenta a inserción laboral dos licenciados universitarios galegos. O 63% dos que remataron os seus estudos no curso 2010-2011 atoparon traballo. 27/10/14