Protesta de pais, nais e alumnos de Seoane do Courel, na Montaña de Lugo, poloas malas condicións do desvío polo que ten que pasar o transporte escolar, e o resto de vehículos, debido a unhas obras na estrada principal que levan un ano de atraso. Din que está en risco a seguridade, polo que reclaman unha solución | Concentracións en favor de Palestina, dentro da xornada de folga xeral convocada por CGT e Solidariedade Obreira para protestar contra a actuación de Israel e pedir que se lle deixe de vender armas. A mobilización causou problemas no servizo ferroviario, o máis importante a cancelación dun tren entre a Coruña e Vigo, cuns 500 viaxeiros afectados | O Ministerio de Turismo declara de interese nacional a Festa da Filloa de Lestedo e a da Empanada de Bandeira, en Silleda. Outra exaltación gastronómica galega, a da lamprea de Arbo, pasa a ser considerada de interese turístico internacional, unha categoría a que tamén ascende o Arde Lucus | Un certame diferente para fans de xénero