Os traballadores de Alcoa bloquean con barricadas a entrada da factoría de San Cibrao, e impiden a saida da producción, no primeiro día da folga indefinida. Din que queren intensifican así a presión, logo de que o goberno central desbotase comprar a fábrica de Aluminio a través da SEPI. // As orquestras, un sector moi afectado pola crise que empeza a recuperarse. Logo dunha temporada de verán sen apenas actividade, moitas formacións volveron aos escenarios co festival celebrado a pasada fin de semana por toda Galicia. // Os casos activos continúan en descenso, hoxe son 1.207, a cifra máis baixa dende agosto do ano pasado, e contabilízanse 33 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados mantéñense en 58. // O cineasta asturiano Gonzalo Súarez recibe hoxe o premio de Honra do Festival de Cine de Ourense, en recoñecemento aos seus máis de 50 anos de actividade. É o director que adaptou máis obras de escritores galegos. 27-09-2021