Despois de case 10 meses, hoxe queda visto para sentenza o macroxuízo polo accidente do Alvia, no que morreron 80 persoas e houbo 144 feridos // Catro mozos feridos, un deles moi grave, ao caer do balcón dun primeiro piso no centro de Sanxenxo // O rei emérito volve a bordo do Bribón. Este mediodía saía ao mar para facer os primeiros adestramentos con vistas a regata desta fin de semana // O número de ocupados en Galicia sumou no segundo trimestre do ano 26.500 persoas ata acadar 1 millón 130 mil persoas traballando. 27-07-2023