Optimismo no sector turístico, con destinos como Santiago ou a Ribeira Sacra onde as reservas para a Semana Santa superan o 80 por cento en moitos establecementos. A ocupación podería ser maior que a do ano pasado, pese ao aumento da oferta e a lixeira subida dos prezos | O dato adiantado do IPC repunta oito décimas respecto ao mes anterior. Un incremento dos prezos que se ve influido pola SUBA dos carburantes e o do IVE da electricidade | O Senado comenza a tramitar o suplicatorio para que Manuel Baltar sexa xulgado polo Tribunal Supremo por un delito contra a seguridade vial. O expresidente da deputación de Ourense está acusado de conducir a 215 quilómetros por hora ao volante dun coche oficial nunha autovía en Zamora | Máis de 160 millóns de unidades de semente de ameixa. E a producción no último ano do criadoiro máis importante de Galicia, situado en Malpica. Hoxe achegámonos a co