José MIñones asumirá o MInisterio de Sanidade no que queda de lexislatura. O ata agora delegado do goberno en Galicia é o elexido por Pedro Sánchez para substituir a Carolina Darias, e gaña peso entre os socialistas galegos cara as autonómicas. // Os traballadores do transporte de viaxeiros de toda a comunidade anuncian unha folga, en protesta polas condición laborais. Din que os seus salarios apenas chegan ao mínimo interprofesinal, con xornadas excesivas. //Galicia aspira a converterse nun dos destinos favoritos durante a Semana Santa, e obter unha ocupación media que ronde o 80%. // Volve a A Coruña o Encontro Mundial de Humorismo, con figuras destacadas da comedia como Eva Hache, Dani Rovira, Touriñán ou Luis Piedrahita, director do evento. 27-03-23