Case 32 graos no sur de Lugo. En Galicia estamos a ter estes días as temperaturas máis altas de Europa, unha situación máis propia de pleno verán que de comezos da primavera. // Hoxe está a declarar en Lugo o principal implicado na operación Campeón, o empresario Jorge Dorribo. // A idea de promover a fusión de concellos como medida de aforro crea debate no Parlamento. // Comeza a funcionar na Coruña un centro para axudar ás familias que teñen problemas coa educación dos seus fillos. // A Xunta dálle un novo pulo á Fundación Galega de Medicina Xenómica. Este instituto público atende cada ano a uns vinte mil pacientes con doenzas singulares, que precisan a análise do seu ADN para unha diagnose. 27/03/12