A caída dunha cheminea a causa do vento, provoca o afundimento do tellado dunha casa, en Lalín, con dous ocupantes feridos, que xa foron dados de alta. É unha das cerca de 1.400 incidencias que deixa a borrasca Herminia, que levantou tamén a cuberta dun edificio en Salvaterra. Ademáis, cancelacións de voos e 13.000 fogares sen luz | O Tribunal Supremo condena a José Manuel Baltar a pagar 1.800 euros de multa e un ano de retirada de carnet, por delito contra a seguridade vial ao conducir a máis de 200 quiómetros por hora na A 52. O presidente da Xunta descarta pedirlle que abandone o escano de Senador pola provincia de Ourense | Grupos veciñais e ecoloxistas critican o intento de reapertura da Mina de Touro. Din que o novo proxecto é similar ao que xa foi rexeitado pola Xunta por incumplir a normativa medioambiental, e considerano unha bomba de reloxería para a saúde dos veciños da contorna | Falece aos 72 anos o escultor César Lombera, autor de obras tan icónicas como As Marías que pr
