O Goberno anuncia o nomeamento dun comisionado para o Corredor Atlántico. Ó mesmo tempo que os presidentes de Galicia, Asturias e Castela Leon celebraban un cumio en Santiago para reclamar un pulo a esa infraestrutura. // Abanca mellorou os seus beneficios nun 40 por cento durante o ano pasado, ata 217 millóns. A entidade non descarta novas adquisicións empresariais e sitúa o mercado de Portugal como obxetivo estratéxico. // A biopsia líquida, unha ferramenta para o diagnóstico de cancro menos invasiva e con resultados máis precisos, da que xa se beneficia un 30 por cento dos pacientes. // Tralo intento fallido da semana pasada, as baixas temperaturas fixeron posible que hoxe, coa axuda dos canóns de neve artificial, a estación de Manzaneda poida abrir As pistas de esquí, por primeira vez este inverno. os responsables confían en poder manter as instalacións en funcionamento polo menos unha semana. 27-01-23