Rúas sen terrazas e peche total de actividades de lecer. É o efecto das novas restricións que dende hoxe pretenden limitar ao máximo o contacto social, con apenas algunhas excepcións. En primaria e secundaria mantéñense as clases pero Conservatorios e Escolas de Idiomas impoñen o ensino telemático, unha medida especialmente ben acollida polo alumnado. // O número de contaxiados por coronavirus segue aumentando. Nas últimas 24 horas rexistráronse 1.586 novos casos. O número de pacientes coa infección activa en Galicia é de 21.293. // O presidente da Xunta propón ao goberno central regular o uso obrigatorio das máscaras FFP2 como están a facer outros países europeos. 27-01-2021