Despois do Nadal, hoxe é día para devolver ou cambiar os agasallos cos que non acertou Papa Noel, que tampouco é infalible. Unhas veces é o talle e outras, directamente, que non nos gusta o que trouxo | 270 persoas maiores de 60 anos, que viven soas, xúntanse estes días para pasar o Nadal en dúas residencias de tempo libre da Xunta. Actividades e compañía nun programa, Xuntos polo Nadal, que se celebra desde hai máis de 20 anos | Nestas datas, cos escolares de vacacións e os pais traballando, moitas familias teñen problemas para atender os nenos. Nun colexio do concello de Oroso puxeron en marcha un programa para axudar a conciliar | O xogador máis simbólico do Celta, Iago Aspas, seguirá no club de Vigo, polo menos ano e medio máis. O Celta escolleu o día de Nadal para anunciar que amplía o contrato co xogador de Moaña ata xuño de 2026
