Nieves Cabo, a usuaria dunha residencia de Santiago que xa fora a primeira en recibir a vacina da Covid, hai dous anos estreaba hoxe a cuarta dose. E o arranque en Galicia da vacina de reforzo, que inmuniza tamén da variante ómicron, e que se ofrece conxuntamente coa da gripe. // O comisario europeo de Pesca amosouse disposto a revisar a decisión de vetar a pesca de fondo, só a partir de novos informes en novembro. // 27 estrelas michelín e 160 expositores, no Forum gastronómico que reúne na Coruña a profesionais da hostalaría do noroeste peninsular. Moncho Méndez do Restaurante Millo, galardoado como mellor cociñeiro galego. // Máxima rivalidade, tamén lonxe do fútbol profesional. Máis de 10.000 espectadores na última edición do Novo Derbi, entre o Celta B e o Deportivo, con reparto final de puntos, e moita emoción 26-09-22