O rei emérito xa está en Sanxenxo. Aterraba minutos despois das dúas da tarde no aeroporto de Vigo, onde agardaba por el o seu amigo Pedro Campos // Catro persoas feridas, unha de gravidade, por unha explosión rexistrada esta mañá nunha vivenda de Ordes // No eido político, o presidente da Xunta arrefría un posible adianto electoral das eleccións autonómicas // Penúltima xornada do xuízo polo accidente do Alvia en Santiago. Hoxe foi a quenda das aseguradoras de Adif e de Renfe // Día dos avós. Moitos asumen o coidado dos netos cando os pais traballan, sobre todo agora no verán. 26-07-2023